Tema 20: El servicio de socorrismo en piscinas

Decreto legislacion piscinas Galicia.pdf
Documento Adobe Acrobat [362.3 KB]

En España cada Comunidad Autónoma regula la normativa sobre piscinas, concretamente en Galicia lo hace el Decreto 103/2005, do 6 de maio, polo que se establece a regulamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso colectivo. (11 de maio de 2005 DIARIO OFICIAL DE GALICIA).

 

En nuestras clases hacemos un análisis en profundidad de los elementos del decreto relacionados con el socorrismo (marcados en negrita). Los apartados de los que se compone son:

Capítulo I

Obxecto e ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Obxecto. Este decreto ten por obxecto fixar, con carácter  obrigatorio, as normas que regulan o control sanitariodas piscinas de uso colectivo relativas a:

-A auga e o seu tratamento.

-Servizos complementarios e instalacións anexas.

-Persoal encargado.

-Educación sanitaria e comportamento dos usuarios.

-Réxime de autorización, vixilancia e inspección.

-Faltas e réxime sancionador.

 

Artigo 2º.-Definicións.Para os efectos deste decreto enténdese por:

1. Piscina: toda instalación que supoña a existencia dun ou máis vasos así como dos equipamentos necesarios para o baño colectivo ou na natación.

Atendendo á instalación, as piscinas poden clasificarse en:

I) Cubertas: aquelas que teñan o vaso protexido  do ambiente exterior.

II) Descubertas: aquelas que teñan os vasos situados ao aire libre.

2. Instalacións complementarias: maquinarias, aparellos para elevación e depuración da auga, caldeiras, xeradores eléctricos, instalación para iluminación

e almacéns para material.

3. Pediluvio: conduto aberto con fluxo continuado de auga con poder desinfectante e non recirculable, para a limpeza e desinfección dos pés.

4. Praia ou paseo: superficie que circunda o vaso.

5. Valor límite: aquel valor do parámetro representativo da calidade da auga do vaso, correspondente á mínima calidade admisible. Este valor non pode ser superado.

6. Vaso: espazo estanco que acumula o total do volume de auga utilizada no baño colectivo ou na natación.

7. Vaso climatizado descuberto: vaso situado ao aire libre no que a temperatura da auga manterase entre 25 e 30ºC.

8. Vaso climatizado cuberto: vaso protexido do ambiente que reúna as características establecidas no artigo 13º.

9. Vaso de competición ou deportivo: vaso equipado coas características propias para a práctica de cada deporte.

10. Vaso infantil: vaso que teña unha profundidade máxima de 60 centímetros e unhas pendentes non superiores ao 10%. A súa localización será independente,

de forma que os nenos non poidan acceder  facilmente aos outros vasos da instalación.

11. Vaso recreativo: vaso destinado ao público en xeral e que non posúa as características do deportivo e/ou infantil.

12. Vaso de saltos: vaso no que existen pancas e/ou trampolíns. A altura destes determinarase en relación coa profundidade da zona do vaso destinada para este uso.

13. Zona de baño: a constituída polo vaso e a praia ou paseo.

 

Artigo 3º.-Tipos de piscinas. Para os efectos deste decreto, en aplicación de

criterios sanitarios e de acordo cos posibles usuarios, considéranse dúas clases de piscinas:

a) Particulares: incluense as unifamiliares e as pertencentes a conxuntos inmobiliarios ou comunidades de veciños.

b) De uso colectivo: as pertencentes a corporacións, entidades, aloxamentos turísticos, sociedades de carácter público ou privado e calquera outra non comprendida no punto anterior, independentemente da súa propiedade.

 

Artigo 4º.-Ámbito de aplicación.

1. O ámbito de aplicación deste decreto constitúeno todas aquelas piscinas de uso colectivo situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Quedan excluídas do ámbito de aplicación deste decreto, as piscinas de uso particular definidas no artigo 3 a). Así mesmo, quedan excluídas as de augas

termais, as de centros de tratamento de hidroterapia, outras destinadas a usos exclusivamente médicos e o vaso de tipo jacuzzi ou similar, que deberán cumprir a normativa vixente para este tipo de establecementos.

 

Capítulo II Compoñentes, características do vaso e instalacións do seu contorno

Artigo 5º.-Condicións do vaso.

2. Calquera que sexa a forma e dimensións do vaso, evitaranse os ángulos, curvas ou obstáculos  que poidan dificultar a recirculación da auga ou que representen perigo para os usuarios. Non existirán obstrucións subacuáticas de calquera natureza que poidan reter o nadador debaixo da auga.

5. Co fin de evitar accidentes, todos os vasos dispoñerán dalgún sistema eficaz que impida o acceso fóra do horario de funcionamento expresamente establecido.





 

Artigo 6º.-Profundidade do vaso.



1. O fondo do vaso da piscina terá a pendente  necesaria para facilitar o seu o baleirado, sen que aquela poida superar o 30%.

2. Os cambios de pendentes serán moderados e  progresivos e estarán sinalizados, igual que os puntos de máxima e mínima profundidade. Os rótulos de sinalización situaranse nas paredes laterais do vaso e/ou no paseo que o rodea segundo sexa máis visible para os usuarios.

3. O fondo de todo vaso, calquera que sexa a súa capacidade, dispoñerá dun desaugadoiro xeral de gran paso, que permita a evacuación rápida da totalidade da auga e dos sedimentos e residuos nel contidos. Este desaugadoiro de fondo estará adecuadamente protexido mediante dispositivos de seguridade.

 

Artigo 7º.-Rebordadoiro perimetral ou skimmer.

Artigo 8º.-Accesibilidade.

1. Para o acceso á auga instalaranse polo menos dúas escaleiras con banzos antiesvarantes e sen arestas vivas, construídas con materiais inoxidables de fácil limpeza e que garantan a seguridade dos usuarios. Situaranse preferentemente nos ángulos do vaso  de xeito que entre elas non exista unha distancia superior aos vinte metros medidos no perímetro deste, e o seu número será axeitado á lonxitude ou á forma do vaso.

 

Artigo 9º.-Paseo ou praia.

1. O paseo ou praia estará libre de impedimentos. Os pavimentos deberán estar realizados en material antiesvarante e impermeable e conservaranse continuamente en perfecto estado de hixiene. Terán un largo mínimo de 1,20 metros e unha lixeira pendente cara ao exterior co obxecto de evitar os encharcamentos e verteduras de auga cara ao vaso. Co fin de poder realizar periodicamente a súa limpeza e desinfección a instalación dispoñerá de bocas de rega.

 



Artigo 10º.-Aforo.

Agás nos vasos infantís, definidos no artigo 2º, o número máximo de bañistas virá determinado pola superficie de cada vaso, de tal xeito que nos momentos de máxima concorrencia cada bañista dispoña polo menos de dous metros cadrados de lámina de auga para os vasos das piscinas descubertas e de tres metros cadrados nos vasos de piscinas cubertas.

 

Artigo 11º.-Elementos de seguridade.

1. O número mínimo de flotadores salvavidas que existirá en cada vaso, agás nos vasos infantís, será de dous, non debendo ser nunca inferior ao número de escaleiras instaladas. Colocaranse en lugares da zona de estancia próxima ao paseo que rodea o vaso e facilmente accesibles para os bañistas.

2. Disporá en lugar facilmente accesible, dunha corda de lonxitude non inferior á metade do largo máximo anchura do vaso máis tres metros.

 

Artigo 12º.-Torres de saltos, trampolíns e esvaradoiros.

1. As torres de saltos e/ou trampolíns instalaranse unicamente en vasos destinados exclusivamente para este uso.

2. A construción, deseño, disposición e materiais de trampolíns flexibles, de pancas ríxidas, plataformas e torres de saltos en xeral garantirán, en todo momento, a seguridade dos usuarios.

3. Os tobogáns, esvaradoiros ou calquera outra instalación co mesmo fin estarán nunha zona acotada do vaso. Serán de material inoxidable, lisos e non presentarán xuntas nin rebordos que lles poidan producir lesións aos usuarios. As escadas de acceso á súa parte superior terán inclinación moderada; os chanzos serán antiesvarantes, sen arestas vivas e contarán con varandas de seguridade e respectarase o disposto nas normas técnicas para ese tipo de instalación.

 

Artigo 13º.-Condicións dos vasos cubertos. Os vasos cubertos climatizados dispoñerán das instalacións  necesarias que aseguren a renovación constante do aire no recinto, mantendo sempre unha  humidade relativa non superior ao 80% e unha temperatura ambiental superior en 2ºC á temperatura da auga do vaso, que oscilará entre 25ºC e 30ºC.

 

Capítulo III: Condicións e tratamento da auga do vaso

Artigo 14º.-Auga de alimentación: enchedura e

renovación do vaso.

Artigo 15º.-Auga das instalacións.

Artigo 16º.-Tratamento da auga do vaso.

Artigo 17º.-Circulación da auga do vaso.

Artigo 18º.-Contadores de control.

Artigo 19º.-Baleiramento do vaso.

 

Capítulo IV: Servizos complementarios e instalacións anexas

Artigo 20º.-Vestiarios.

1. Os vasos cubertos estarán situados de tal maneira que ningún bañista poida acceder a eles sen pasar previamente polos vestiarios.

2. Os vestiarios deberán cumprir as seguintes condicións:

-Eliminación de barreiras arquitectónicas.

-Ventilación axeitada.

-Separación entre locais con diferenza de temperatura (no caso dos vasos cubertos).

-Separación de espazos para circulación con pés calzados e pés descalzos.

-Emprego de materiais que permitan unha correcta limpeza e desinfección periódica.

-O chan dispoñerá de sistemas axeitados e eficaces para a evacuación da auga.

3. Nos vasos instalados en complexos deportivos poderá considerarse como vestiario calquera outro de utilización pública con fácil acceso ao vaso e  que reúna as condicións hixiénico-sanitarias adecuadas.

4. Nos servizos e instalacións do recinto evitarase calquera tipo de elemento construtivo que impida o dificulte o uso para persoas minusválidas.

5. Os vasos instalados en aloxamentos turísticos como hoteis, cámpings, casas rurais onde se permita exclusivamente o acceso aos usuarios do aloxamento quedan exentos da obrigatoriedade de dispor de vestiarios.

 

Artigo 21º.-Servizos hixiénicos.

Artigo 22º.-Dotación dos vestiarios e servizos hixiénicos.

Artigo 23º.-Limpeza de vestiarios e aseos.

1. Toda a área de vestiarios e aseos deberán limparse  e desinfectarse diariamente ou con máis frecuencia segundo as necesidades.

2. Así mesmo, cando sexa necesario, deberán  desinfectarse e desratizarse empregando produtos rexistrados e aplicados por persoal autorizado.

3. A limpeza e desinfección de duchas, alcachofas, billas e demais elementos do circuíto e acumulador deberanse axustar á normativa pola que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose.

 

Artigo 24º.-Áreas de restauración, comida, bebida e ocio.

As áreas de restauración e ocio como restaurantes, bares, cafetarías e as pistas de baile deberán situarse fóra da zona de baño e con delimitación suficiente e separación do vaso, co fin de garantir a debida limpeza e hixiene.

 

Artigo 25º.-Caixa de urxencias.

1. Todas as piscinas de uso colectivo disporán dunha caixa de urxencias de fácil acceso.

2. A caixa de urxencias será un armario branco con cruz vermella e pechadura e constará dos elementos mínimos que figuran no anexo II.

 

Artigo 26º.-Teléfono de comunicaciónexterior.

1. Todas as piscinas de uso colectivo dispoñerán obrigatoriamente dun teléfono ou emisora de radio para a comunicación co exterior.

2. Cerca de este e en lugar visible para o público, expoñerase un cadro con instrucións de primeiros auxilios a accidentados, así como os enderezos e teléfonos dos centros de asistencia máis pretos, servizos de ambulancia e demais servizos de urxencia.

 

Artigo 27º.-Local de primeiros auxilios.

Nas instalacións de piscinas de uso colectivo con máis de 325 metros cadrados de lámina de auga, será obrigatoria a existencia dun local destinado a primeiros auxilios, que se situará nun lugar axeitado, ben sinalado e independente de calquera outro. A súa dotación mínima será a seguinte: padiola abatible, instalacións de auga apta para consumo público con lavabo.

 

Capítulo V: Persoal encargado e funcións

Artigo 28º.-Persoal responsable.

Para o coidado e vixilancia das piscinas reguladas neste decreto, así como para atención dos seus servizos, os titulares disporán de persoal tecnicamente

capacitado. Necesariamente existirá unha persoa que terá a representación da empresa e que será a responsable do correcto funcionamento das instalacións e servizos, da observancia das disposicións legais, sen prexuízo da responsabilidade da empresa xestora, que deberá coñecer en todo momento o estado e funcionamento das instalacións.

 

Artigo 29º.-Socorrista.

1. Todas as instalacións de piscinas de uso colectivo, excepto as que se recollen no punto segundo deste artigo, deberán ter polo menos un socorrista con titulación suficiente en materia de salvamento e socorrismo acuático, o cal permanecerá nas instalacións durante todo o tempo que estas se atopen abertas ao público.

2. Para o caso de piscinas entre 500 e 1.000 metros cadrados de lámina de auga, o número de socorristas será de dous. Para piscinas de máis de 1.000 metros

cadrados de lámina de auga a Consellería de Sanidade  fixará para cada caso o número de socorristas  necesarios.

3. No suposto en que a separación física entre os vasos que conforman a instalación de piscinas de uso colectivo non permitan unha vixilancia eficaz deles será obrigatoria a presenza dun socorrista en cada un deles.

4. Da obrigatoriedade de ter socorrista quedarán exceptuadas:

-Aquelas piscinas de aloxamentos turísticos de superficie de lámina de auga igual ou inferior a 200  metros cadrados e profundidade igual ou inferior a 1,60 metros, que sexan para uso exclusivo dos  clientes. Estas instalacións deberán colocar inescusablemente  en lugar visible, indicación expresa  da ausencia do servizo de salvamento.

-En todas as restantes piscinas de uso colectivo de superficie de lámina de auga igual ou inferior  a 200 metros cadrados e profundidade igual ou inferior

a 1,60 metros, o socorrista pode ser substituído  por un titulado en primeiros auxilios.

 

Capítulo VI: Dos usuarios

Artigo 30º.-Regulamento de réxime interno.

Todas as instalacións con piscina de uso colectivo  disporán dun regulamento de réxime interno que conteña as normas de obrigado cumprimento para os usuarios. Este regulamento deberá ser exposto en lugar visible á entrada do establecemento así como no seu interior. Deberá recoller como mínimo as seguintes prescricións:

a) Aforo máximo de utilización simultánea de cada vaso da instalación.

b) Obrigatoriedade da ducha antes da inmersión  na auga dos vasos.

c) Obrigatoriedade da utilización de chancletas ou calzado de baño persoal nas zonas de pés descalzos.

d) Prohibición da entrada na zona de baño con calzado de rúa.

e) Prohibición da entrada de animais nas instalacións agás cans guía.

f) Prohibición de comer, beber e fumar na zona de praia reservada aos bañistas.

g) Prohibición de abandonar desperdicios dentro  do recinto da instalación, debendo empregar as papeleiras e outros recipientes destinados para o efecto.

h) Recomendación do uso do gorro de baño nas piscinas cubertas.

 

Capítulo VII: Réxime de autocontrol

Artigo 31º.-Autocontrol.

1. Como mínimo dúas veces ao día, no momento de apertura e no de máxima concorrencia, serán analizados os seguintes parámetros na auga de todos

os vasos que posúa a instalación:

a) Condutividade.

b) PH.

c) Transparencia.

d) Concentración de desinfectante utilizado. Se o desinfectante utilizado é cloro determinarase o cloro residual libre e o cloro residual combinado.

e) Cantidade da auga depurada e renovada.

f) Nos vasos cubertos climatizados controlarase ademais a temperatura da auga do vaso, a temperatura ambiental e a humidade relativa do aire.

g) Nos vasos descubertos climatizados, determinarase a temperatura da auga do vaso.

2. Para a realización destes controis, todas as piscinas de uso colectivo deberán dispor dos reactivos e do instrumental necesario adecuado para cada tipo

de parámetro que se vai analizar.

3. Estes datos e o número de bañistas rexistraranse na ficha de control de calidade da auga (anexo III).

 

Artigo 32º.-Programa de control de calidade da

auga de baño.

 

Artigo 33º.-Información ao usuario.

1. Os últimos controis sobre a calidade da auga do vaso expoñeranse nun lugar visible e facilmente accesible aos usuarios.

2. Así mesmo, na entrada dos servizos e aseos, figurará nun lugar tamén visible, a data e a hora da última limpeza coa firma identificativa do responsable desta.





 

Artigo 34º.-Información á Autoridade Sanitaria.

1. Os resultados da análises da auga e toda a documentación sobre o mantemento das instalacións estarán ao dispor da autoridade sanitaria.

2. As incidencias que se produzan no funcionamento da instalación, os resultados analíticos, a accidentalidade e calquera outra situación que puidese

supoñer un aumento importante do risco para os usuarios comunicarase inmediatamente á autoridade sanitaria por medio do modelo que figura no anexo

IV deste decreto.

3. Por outro lado, a autoridade sanitaria poderá exixir e solicitar o titular da instalación, a achega suplementaria de datos e certificacións acreditativas

que se consideren convenientes e indispensables para un correcto funcionamento das instalacións.

 

Capítulo VIII: Inspección sanitaria e autorización sanitaria

Artigo 35º.-Inspección.

Artigo 36º.-Piscinas de nova construción.

Artigo 37º.-Autorización de reapertura.

Capítulo IX: Réxime sancionador

Artigo 38º.-Réxime aplicable.

Artigo 39º.-Clasificación das infraccións.

Artigo 40º.-Sancións.

ORGANIZACIÓN SERVICIO DE SALVAMENTO ACUÁTICO‏

Una vez conocida la legislación aplicable y los aspectos básicos del socorrismo acuático estaremos en disposición de poder orgnizar el servicio se SA en una piscina.

 

Para ello debemos disponer, distribuir y ubicar adecuadamente los siguientes recursos. En la siguiente imagen tenemos numerados cada uno de ellos.

 

Recursos humanos: Socorristas, técnicos en primeros auxilios. (1 y 2 )

Recursos materiales:

materiales de prevención. (del 3 al 7)

materiales de vigilavia. (8)

material auxiliar del socorrista. (9)

materiales de rescate. (10)

materiales de primeros auxilios.(11)

materiales de evacuación. (13)

El nº 12 sería el propio plan de salvamento acuático

PALACIOS AGUILAR, José y Otros: Salvamento acuático, salvamento deportivo y psicología. Ed. Xaniño. A Coruña 1998 PALACIOS AGUILAR, José y Otros: Salvamento acuático, salvamento deportivo y psicología. Ed. Xaniño. A Coruña 1998
Aqualife. Centro deportivo de Lugo, colaborando con el salvamento deportivo Aqualife. Centro deportivo de Lugo, colaborando con el salvamento deportivo
Saudeter y Salvour unidos en pos de potenciar el socorrismo.

¿QUIERES HACERTE SOCIO?

Llama al teléfono: 606 383802

O bien utiliza nuestro formulario de contacto.

NOTICIAS

Según el Instituto Nacional de Estadística, durante el año 2010 en España, 432 personas fallecieron a consecuencia de un ahogamiento por sumersión

.

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio Recomendar esta página Recomendar esta página
© Club salvamento acuático Ourense SALVOUR