De este decreto destacamos en canta a habilitación profesional
Artigo 4. Requisitos profesionais.
Para o exercicio profesional do socorrismo acuático na Comunidade Autónoma de Galicia será necesario que o/a profesional solicite a inscrición no correspondente Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia presentando a preceptiva declaración responsable e que dispoña da correspondente habilitación profesional.
Artigo 5. Inscrición.
No Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia figurarán aquelas persoas que o soliciten e acrediten estar en posesión da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas, aprobada polo Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro (BOE do 9 de marzo) ou/e da cualificación profesional de socorrismo en espazos acuáticos naturais, aprobada polo Real decreto 1521/2007, do 16 de outubro (BOE do 1 de decembro), dependendo do ámbito en que vaian desenvolver a súa actividade.
Artigo 6. Formación mínima.
1. A acreditación da formación mínima para o exercicio da actividade de socorrismo en instalacións acuáticas, que suporá a inscrición na sección socorristas en instalacións acuáticas, poderá obterse por calquera das seguintes vías:
A. Certificado de profesionalidade de socorrismo en instalacións acuáticas AFDP0109), establecido polo Real decreto 711/2011, do 20 de maio.
B. Título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo establecido polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, título de técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo, establecido polo Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en instalacións acuáticas do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
C. Acreditación de ter superado as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas, obtidas a través do procedemento, que desenvolva o Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.
2. A acreditación da formación mínima para o exercicio da actividade de socorrismo en espazos acuáticos naturais, que suporá a inscrición na sección socorristas en espazos acuáticos naturais, poderá obterse por calquera das seguintes vías:
A. Certificado de profesionalidade de socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFDP0209), establecido polo Real decreto 711/2011, do 20 de maio.
B. Título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo establecido polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, título de técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo, establecido polo Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en espazos acuáticos naturais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
C. Acreditación de ter superado as catro unidades de competencia da cualificación
profesional de socorrismo en espazos acuáticos naturais, obtidas a través do procedemento que desenvolva o Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.
A partir da entrada en vigor do presente decreto, e durante o período transitorio de 5 anos, que permita garantir a obtención por parte das persoas interesadas da acreditación das uni dades de competencia da cualificación profesional correspondente, poderán inscribirse de forma provisional no Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia as persoas que, no momento da entrada en vigor desta normativa, cumpran algún dos seguintes requisitos:
1.º Estar en posesión dun diploma que acredite a realización dun curso de 80 horas de formación de salvamento e socorrismo acuático impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública con anterioridade á data de entrada en vigor do presente decreto.
2.º Estar en posesión dun diploma que acredite a realización dun curso de formación en materia de socorrismo impartido por universidades, federacións deportivas de salvamento e socorrismo, Cruz Vermella ou outras entidades con experiencia na formación de socorristas, con anterioridade á data de entrada en vigor do presente decreto, sempre que o devandito curso obteña a homologación da Academia Galega de Seguridade Pública.
Aqueles cursos que estean en fase de desenvolvemento na data de publicación do presente decreto serán considerados para os efectos do establecido neste punto, sempre que a entidade que organiza o curso o notifique á Agasp no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación deste decreto.
A Academia Galega de Seguridade Pública utilizará como criterio de homologación que o curso teña un mínimo de 80 horas e un contido similar ao curso de salvamento e socorrismo acuático ofertado pola Agasp nos últimos anos.
3.º Estar en posesión dun diploma que acredite a superación con avaliación positiva do Curso de formación profesional para o emprego de socorrista acuático (AFDB10, de 240 horas), expedido por unha Administración pública competente en materia de formación profesional para o emprego.
4.º Acreditar unha experiencia laboral superior a 12 meses. A devandita experiencia acreditarase mediante certificado de vida laboral acompañado de fotocopia compulsada de contrato de traballo ou certificación de empresa onde figuren a duración dos períodos de prestación do contrato, as actividades desenvolvidas e o intervalo de tempo en que se realizaron as devanditas actividades.
A inscrición provisional dun/dunha socorrista practicarase nunha ou nas dúas seccións do rexistro, en función da formación e experiencia acreditadas.
Transcorridos cinco anos desde a entrada en vigor do presente decreto aqueles/aquelas socorristas que fosen inscritos/as provisionalmente e que non acreditasen o cumprimento dos requisitos descritos no artigo 4 do decreto serán dados de baixa automaticamente.
RESPONSABILIDAD PENAL
RESPONSABILIDAD CIVIL
Las causas y consecuencias de la mayoría de los casos son la muerte, lesiones graves y lesiones menos graves. Los siguientes datos están extraidos de:
LEGISLACIÓN LABORAL
El contrato de trabajo:
Es el acuerdo entre el empresario y trabajador por el que éste se obliga a prestar
determinados servicios por cuenta del empresario y bajo su dirección a cambio
de una retribución.
Duración y Forma:
Algunos tipos de contrato; eventual por circunstancias de la producción; Formación: A tiempo parcial: Fijos discontínuos.
Derechos del trabajador:
- Jornada
- Horas extraordinarias
- Descanso Semanal;Vacaciones
- Salario
- Acciones con el despido, sanciones y reclamación de cantidades
Deberes del empresario:
- Inscripción en Seguridad Social;
- Abono del salario.
- Específicos derivados de la reglamentación sanitaria de las piscinas.
- Seguro de responsabilidad civil.
- Vestuarios, utensilios de rescate, agua y depuradora, condiciones higiénico
sanitarias del recinto
- Uniforme, ayuda, horario
- Número de Socorristas, titulación.
Deberes del socorrista: ver tema 2